Unha charla con Chicho Montenegro

Presidente do CB Chantada

Falamos co presidente do o noso equipo patrocinado, o Ucoga CB Chantada. Un equipo loitador que está a conseguir unha tempada magnífica. Chicho Montenegro, o presidente do club comparte connosco a súa experiencia e visión do equipo para esta tempada.

De onde ven a túa paixón polo Baloncesto? 

Dende moi pequeniño sempre me chamou máis o baloncesto. Ncolexio nos xuntabámonos varios amigos e, como adoita pasar sempre, a maioría tiraba máis polo fútbol, pero un grupiño de dez ou doce xogábamos sempre ao baloncesto.  

Foi entón cando empezou a miña paixón polo baloncesto e, ata o de agora sígoa mantendo. 

 

Chegaches a xogar dunha forma máis profesional? Como acabaches sendo presidente do CB Chantada? 

Non tiven a sorte de xogar dun xeito profesional, por desgraza a altura tampouco me acompaña 

O club fundouse no ano 1988 e xa daquela eu axudaba facendo as mesas anotadoras ou marcadores. Despois pasei a levar as estatísticas do club. A verdade é que sempre estiven axudando no club. 

No ano 2000 entrou unha directiva nova no equipo e propuxéronme que lles axudase e por supostofíxeno encantado; colaborando en todo o que podía. 

Por desgraza uns anos máis tarde sufrín un accidente grave que me impediu traballar durante moito tempo. No 2004 produciuse outro cambio na directiva e, a pesar de que eu era membro da directiva saínteseguín colaborando co club e axudando á nova directiva para manterme ocupado…e ao final, acabei eu de presidente. 

¿Poderías facer un breve balance da evolución do club?  

 

Desde o ano 2000 que estou eu presente na directiva, o CB Chantada sempre estivo na liga EBA. A verdade é que sempre fomos un club modesto e é verdade que crecemos moito a nivel de medios. Podemos dicir que agora somos practicamente un club  semi profesional, tanto a nivel deportivo como a nivel organizativo. 

Na actualidade temos unha directiva maior, formada por sete persoas. Os sete estamos continuamente pendentes de todo o que hai que facerAo final, cando a directiva está comprometida, transmítese ao equipo e os resultados melloran. 

 

Como ves o futuro do CB chantada para este ano? 

futuro ben.  O futuro deportivo falamos,  porque custou moito saír adiante nesta situación de tanta incerteza provocada pola crise sanitaria. 

Se falamos en termos de rendemento deportivo, vexo ben ao club. A nosa intención era a de formar un equipo competitivo, pero a verdade é que nos sorprendeu de forma moi positiva o rendemento e entusiasmo que poñen os nosos xogadores. 

verdade é que empezamos esta tempada con moita ilusión e forza e a nosa intención é a de tentar, por terceiro ano consecutivo (xa que o ano pasado non conta porque se paralizou a liga en marzo) chegar á fase final de ascenso. 

A meta, por suposto, é por fin acadar o prezado ascenso á liga LEB PLATA. 

 

Tedes algún novo proxecto entre mans? 

novo proxecto que temos entre mans este ano é o acordo de colaboración co CB  Ensino, club de baloncesto da liga Endesa Feminina. O obxectivo final deste acordo é o de dar proxección os xogadores de categorías inferiores. 

 Polo momento, a categoría máis alta que teñen é a categoría Junior de división nacional e claro, os rapaces, ao pasar de categoría, xa non teñen onde ir. 

Por este motivo, chegamos a un acordo e, de feito, para esta tempada xa temos a dous mozos compartindo equipo Junior connosco, para que así teñan unha proxección e vexan unha posibilidade para poder seguir xogando a un nivel máis competitivo. 

 

Como presidente do CB Chantada, que obxectivos planeas a curto/medio prazo? 

noso principal obxectivo a curto prazoademais de que o equipo senior consiga o ascenso á LEB PRATA, é o de traballar moito coa canteira. 

Estamos nun momento moi complicado polo tema da pandemia e está todo moi parado. Parece que xa se ve a luz ao final do túnel e que aos poucos recobraremos unha lixeira normalidade. Polo momento quedou paralizado debido á situación, pero, xa chegamos a un principio de acordo co concello de Chantada. A idea é que o Club poida levar o apartado de baloncesto nas escolas deportivas. 

 É algo que nunca levou a cabo aquí en Chantada e, por isotemos moita ilusión neste proxecto. A misión é a de inculcarlles o baloncesto aos nenos e nenas dende pequeniños, así a un medio/longo prazoteriamos unha boa canteira de xogadores de Chantada no equipo senior.

 

Con respecto á COVID-19, Que supuxo a pandemia para o CB Chantada?  

Pois imaxínache, a crise sanitaria pillounos a mediados da tempada pasada. Este ano houbo elecciónscollemos a directiva do club pensando que poderiamos volver pronto a unha normalidade, pero a nivel económico esta crise supuxo un pau tremendo. 

 Para empezar, tivemos que adaptar as instalacións e coordinar ao equipo para cumprir con todas as medidas de prevención contra a  CIVID-19. Nun primeiro momento, para volver cos adestramentostivemos que seguir un protocolo de actuación da Xunta de Galicia. Unha vez que empezamos a adestrar de novometeuse a Federación Española polo medio para esixir outro protocolo diferentes, que consiste e realizar probas  PCR de forma semanal a todo o núcleo do equipo, tanto xogadores como corpo técnico. 

 É verdade que as tres primeiras xornadas foi a Federación a que nos enviou o material para realizar as  PCR de forma gratuíta aínda que, nós a maiorestivemos que asumir os gastos de realizar as probas nun laboratorio con persoal cualificado.  

Desde a terceira xornada, o club fíxose cargo de todos os custos das  PCR, o que supuxo unha moi elevada carga económica. 

 

Crees que as restricións no panorama deportivo, tomadas polo goberno e polas comunidades foron as adecuadas? 

Penso que o mellor neste caso sería non celebrar a liga este ano. Os clubs asumimos un gasto moi importante que repercutirá de forma directa. Hai que ter en conta que somos clubs máis modestos e que o financiamento é complicado. 

Os clubs profesionais como os que están na liga Endesa ou na ACB non teñen que facer este nivel de investimento xa que a propia liga págalles tódalas accións que esixan os protocolos contra a COVID-19.  

 No caso dos clubs de ligas inferiores, a posibilidade de contaxio é máis elevada xa que as persoas que forman parte disto teñen os seus traballosestudantéñense que desprazar de forma obrigatoria… non teñen a posibilidade de illarse por motivo de xogar un partido. 

 

En Ucoga estamos moi orgullos de patrocinar un club tan loitador como é o CB Chantada. Que supón para o CB Chantada contar con Ucoga como patrocinador? 

Para o CB Chantada supuxo todo contar con  Ucoga.   

Ucoga chegou  nun ano moi complicado para nós xa que, debido a un erro da Federación Española sobre os tempos de presentación da documentación, quedamos fóra da liga de forma repentina

Ata 15 días antes de comezar a liga, non nos confirmaron que iamos estar presentes.  Cando por fin confirmáronnolo, non tiñamos persoal, todos os xogadores que tiñamos asinados fóronse para outros equipos porque non lles dabamos confirmado. Nese momentodende a directiva, puxémonos as pilas para formar de novo o equipo ao completo.  

Tivemos que fichar xogadores americanos, un gasto que, cando se fai con tempo, podes negociar. Desta maneira tan repentina foi imposible negociarFoi o ano no que peor situación económica atravesaba o club  e de súpeto apareceu o patrocinio de  Ucoga.   

Foi unha axuda moi importante e estamos encantados de poder levar o nome de  Ucoga 

 

Unha mensaxe para a afeción 

Quero darlles as grazas a todos polo apoio incondicional que nos prestan sempre 

Este ano, se cadra, estamos aínda máis agradecidos coa afección porque, a pesar de non poder vir ao pavillón e cos aforos limitados, seguen ao noso lado. 

Os socios seguen sendo fieis ao Club, non tivemos baixas e, mesmo, seguimos incrementando o volume de membros. En moitas ocasións son eles mesmos os que se achegan directamente a nós para afiliarse. 

Esperamos poder terminar esta tempada cunha alegría para todos eles. 

 

Estamos convosco lobos!

 

Abrir chat
1
¿Necesitas la ayuda de un asesor?
Hola! ¿En qué podemos ayudarte?
Estamos disponibles de Lunes a Viernes de 09:00 a 14:00 y de 16:00 a 19:00.